O pole é un recurso alimentario natural que proporciona lípidos, proteínas, minerais e vitaminas. É recollido polas abellas dos estambres das flores e almacenado nas curbículas ou cestas das suas patas traseiras para ser transportado á colmea.
Como producto nutritivo aos humanos aportanos proteínas que na súa dixestióndes compoñense en aminoácidos, aporta vitaminas e aporta os minerais absorbidos polas prantas.
O intercambio de pole entre flores favorece a reprodución das plantas e resulta vital para a biodiversidade, sendo as abellas un dos maiores polinizadores coñecidos
POLE GALEGO 100gr
180gr
180gr
180gr
A modalidade apta para a comercialización é a de pole seco ou deshidratado, facilitando o transporte e a comercialización por condicións hixiénico-sanitarias. Recoméndase o seu consumo no almorzo actuando como enerxético natural.
A cantidade diaria recomendada podemos estimar 20gr (unha culleriña de poste equivale 10gr).
Varias son as combinacións posibles:
Apropiado para persoas con rinitis alérxicas, a longo prazo favorecen a súa asimilación e axudan a soportala.
Ideal para deportistas como complemento alimenticio para a recuperación muscular e enerxía.
Indicado para estudantes ou persoas con gran #estrés intelectual na mellora da concentración, a recuperación enerxética e o consecuente rendemento.
Persoas con fatiga física ou mental; traballadores a quendas ou nocturno, operadores de maquinaria, con condicións laborais perigosas, exposición a ruídos etc.
Pode conter trazas de elementos propios da natureza e a colmea resultantes da súa limpeza.
Favorece a polinización na zona así na súa producción a colmea precisa maiores cantidades de pole
Mellora da biodiversidade
Fortalece o crecemento econónimo local, tanto para apicultores como comercio local
Disminución da pegada de carbono ao limitar a dependencia dos transportes naintroducción doutros polenes
Coñecido o pole de castaño como un dos que maior aporte proteico presenta e recoñecido por o cor amarelo, frecuentemente en combinación con tons verde grisáceos de zarza pola súa coincidencia na etapa da súa floración.