PAN DE ABELLA

Probiótico natural que mellora a saúde intestinal e reforza o sistema inmunitario

O pan de abella é o principal alimento das abellas dentro da colmea. Procede do pole, o gran recollido dos estambres das flores, que as abellas almacenan nas celdillas mesturado con mel e enzimas dixestivas. Unha vez almacenado, este preparado sofre un proceso de fermentación natural, no que se xeran ácidos orgánicos que enriquecen e transforman o produto final.

FERMENTACIÓN E
ÁCIDO LÁCTICO

O ácido láctico prodúcese pola intervención de bacterias na fermentación dos carbohidratos dos azucres do mel durante a súa fermentación na pasta do pan de abella.
Destaca polas súas propiedades:

  • Hidratante e rexenerante da pel
  • Favorece o equilibrio da microflora intestinal e vaxinal

  • Mellora a absorción de aminoácidos e minerais, especialmente os procedentes das proteínas do pole

Por estas cualidades, é amplamente empregado nas industrias alimentaria, dietética, cosmética e médica.

VALOR NUTRICIONAL

O pan de abella facilita unha mellor absorción de nutrientes debido á achega de ácidos orgánicos derivados da fermentación láctica por bacterias e que son beneficiosas para o intestino. Mediante a fermentación do gran de pole rompe a parede o que converte ao pan de abella nun produto moito máis dixestivo e regulador da acidez.
Nutricionalmente é mellor que o pole, presenta ácidos orgánicos como o ácido láctico.
Ten o inconveniente de que é custosa e escasa a súa produción o que tamén conleva un alto prezo de mercado.


PAN DE ABELLA 100gr

gastronomía

Pode ser consumido directamente, tal cal, aínda que é de sabor intenso e moi acedo o que non o fai agradable ao padal.


A súa escaseza de mercado e alto valor nutricional fano apropiado e demandado en gastronomía.
Adoita acompañar outros alimentos como ensaladas, iogures, batidos, xeados ou sobremesas.
Podémolo utilizar como ingrediente doutros alimentos; salsas, biscoitos ou pans, na elaboración de cervexa ou viños, manteigas, queixos

BIODISPOÑIBLE
MENOS ALERGÉNICO QUE O POLE
probiótico natural