ENTORNO BOTÁNICO

Biodiversidade, paisaxe e condicións climáticas supoñen a mellor carta de presentación da nosa explotación apícola

Plantas e abellas non poden vivir unhas sen outras, as plantas danlle achega nutricional en forma de carbohidratos con néctares e achega proteico con polenes e a cambio a abella resulta imprescindible na función polinizadora favorecedora da biodiversidade que xunto coa produción de alimentos gañamos todos.
Parece obvio que para ter bos produtos derivados da abella debemos situalas en zonas con boa materia prima, plantas e flores. A produción apícola con meles procedentes de flores silvestres e de bosque denotan unha gran reputación dentro e fóra da nosa contorna.
A escaseza de cultivos de gran extensión na nosa contorna favorece a ausencia de insecticidas neonicotinoides utilizados na agricultura, xunto coa abundancia de bosque autóctono son base do potencial apícola dun medio ambiente san.

O marco xeográfico con relevos pronunciados e agrestes e abundancia de auga en multitude de regachos, fervenzas e compoñendo os famosos cañoñes do río Sil e do río Miño achegan un microclima mestura de atlántico e mediterráneo. Podemos atopar exemplos varios de ambos, desde ericas, silva, castiñeiro, carballo ata érbedo e lavanda silvestre
ou cantueso.
O constante retroceso de frondosas caducifolias en predominancia doutras especies de interese madeireiro non é de resaltar, aínda que a fraga ou bosque predominante é de especies arbustivas autóctonas como carballos e sobreiras, castiñeiros, bidueiro, salgueiro, loureiro …, mesturándose con matogueira de ericas, silvas, toxos e xestas ou escobas.

Cabe mencionar a floración da cerdeira que na primavera atrae numerosos visitantes para contemplar este fenómeno coñecido como “o jerte galego” na Ribeira Sacra tiñendo de branco na época de floración ás beiras dos seus “canóns”.

Segundo a FAO (Food and Agriculture Organization) como axencia da ONU que se encarga de afrontar os desafíos máis perentorios do mundo en relación coa alimentación e a agricultura, o 90% da alimentación mundial depende en gran medida das abellas como maior especie polinizadora.

Sen polinizadores o noso bosque e por extensión campos e xardíns sufrirían esta precariedade, igualmente a humanidade camiñaría cara a unha dieta carente en nutrientes e a nosa saúde podería verse resentida.


Poderemos movernos nunha alimentación global pero nunca a polinización poderá ser parte do comercio internacional.
A polinización achegada polas nosas abellas contribúe ao mantemento da biodiversidade, tan importante e ameazada, formando parte da contorna xeográfica

RIBEIRA SACRA DECLARADA RESERVA DA BIOSFERA o 15 de setembro de 2021