A apicultura en Galicia é unha actividade multifuncional levada a cabo desde tempos remotos, caracterizada por ser unha actividade tradicional e non ía ser menos este caso.
Que houbese colmeas nun pasado non quere dicir que sexa un lugar ideal actualmente para establecer unha “alvariza”, a pesar de ser a localización perfecta o acceso, abandono do rural e o minifundio fixo por imposibilitar co seguimento da “alvariza” familiar.
A apicultura como toda actividade social foi cambiando co tempo, a flora melífera cambiou drásticamente, a carga apícola propia da profesionalización do sector, rixidez da súa normativa, e un longo etc. Pouco quedou daquel tempo, quizais algún “cortizo” como o mostrado nesta imaxe e propios de métodos pasados.
Tras un inescusable proceso de formación comeza esta andaina no ano 2015.
Mediante e tras un período de tempo en colaboración e aprendizaxe laboral chega o salto cara á profesionalización.
Practicamos unha apicultura estante, fixa, nunha contorna botánica de bosque autóctono declarado Reserva da Biosfera, centrados no sueste da provincia de Lugo, concellos de Carballedo, Chantada, O Saviñao e Quiroga.
Como consecuencia diso a produción é dunha calidade suprema
O centro loxístico, extracción e envasado situase no concello ourensán de Vilamarín. A produción de alimentos que desenvolvemos proporciona unha serie de produtos cada vez máis rastrexados nun alimentación natural e saudable. Producimos meles monoflorales de breixo de baixo índice glucémico e mel de bosque de alto poder antioxidante.
Tamén producimos “pole galego” de silva e castaño como os de maior valor nutricional, e pan de abella, un produto cuantioso en probióticos.
A polinización achegada polas nosas abellas forman parte deste enclave xeográfico desenvolvendo unha enorme riqueza que debemos protexer e manter para futuras xeracións.
En loita ca amenaza da biodiversidade con especies invasoras como vespa velutina e os enormes e recurrentes incendios.
Nun mercado acurralado de incertezas, con diminucións de produción ameazadas polo cambio climático, escalada infinita de importación de meles a baixo custo, falta de moderación na presenza de poles foráneos, mesturas de meles con dubidosa ética.
Sacromel persegue a valorización do producto e defensa da función das abellas.