OS NOSOS MELES

valor biolóxico do mel

O mel é un alimento natural e saudable, recoñecido como un dos edulcorantes máis éticos e beneficiosos para a saúde humana. Aínda que a súa composición básica está formada principalmente por glucosa e frutosa, contén tamén numerosas substancias de alto valor nutricional, como proteínas procedentes do pole, así como minerais e vitaminas.

Destaca polo seu gran poder enerxético e vigorizante. Os seus monosacáridos, de asimilación directa, axudan a achegar resistencia física, favorecen a recuperación e contribúen a mellorar o estado de ánimo.

O mel presenta unha función antibacteriana , inhibe o crecemento de bacterias mediante ácidos orgánicos e as enzimas dixestivas aportadas polas abellas e presentes no mel. Varios son os efectos no organismos sobre o sistema circulatorio, dixestivo e urinario.

Función antioxidante, indicada pola cantidade de própolis presente no mel. O própolis como composto antibiótico e antioxidante natural procedente das resinas das prantas multiplica por 40 ou 50 o valor antioxidante do mel. Poder cicatrizante nas feridas, inflamación das vías respiratorias.

Os nosos meles preséntanse en estado natural, sen someterse a ningún proceso industrial, conservando intactas todas as súas propiedades nutritivas e terapéuticas. Debido á proporción de azucres e á exposición prolongada a baixas temperaturas, o mel pode cremar, cristalizar ou solidificarse. Trátase dun proceso físico totalmente natural que non altera as súas propiedades e que garante a súa calidade.

A NOSA PRODUCIÓN

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis.

Bote de Mel de bosque

MEL DE BOSQUE

250gr – 500gr 

MEL crema

250gr 

Bote mel de brezo

MEL DE BREZO

250gr – 500gr 

Mel monofloral
de breixo

A catalogación de mel monofloral baséase no contido de pole maioritario fronte a outros meles dado polo pecoreo predominante a unha determanda planta e nun momento determinado pola súa floración. Sacromel mel de breixo obtense da especie cuxo nome científico son as ericas; erica australis, erica arbórea e erica umbellata, cuxa floración é de primavera con continuidade ata o verán. Breixos, uces, carpazos, queirogas ou queirugas son diferentes termos para identificar os tipos da especie erica presente nas nosas zonas, de chans acedos, requiren certa altitude e de porte baixo a arbustivo no caso da arbórea.

De cor ámbar escuro, aroma floral e vexetal e cuxo sabor é menos doce que outros meles o que acentúa a súa forza e potencia de sabor. Moitos son os que nos indican que é o mel menos doce que probaron debido a esa intensidade de sabor tan marcada.



O mel de breixo ten propiedades diuréticas, apropiadas para beneficiar o sistema renal. Posúe propiedades antiinflamatorias e desinfectantes indicadas para irritacións de garganta ou feridas superficiais e outra das súas propiedades para destacar grazas aos aceites esenciais do breixo é o poder relaxante do sistema nervioso.
Culinariamente podémola empregar na elaboración de sobremesas, combina excelentemente con lácteos, batidos ou con froitos secos

MEL DE BOSQUE

O espectro polínico deste mel debe presentar variedade de plantas propias da nosa vexetación, como castaño, silva, xesta e ericas. Pero a gran diferenza con respecto a un mel multifloral é a achega de mielatos que a diferenza do néctar non provén de flores sinó de exudaciones e/o sudoraciones de árbores, en noso caso carballo, querqus pyrenaica. Son os nosos últimos meles de finais de verán.
A achega en mielatos proporciona a este mel unha gran cantidade de minerais, determinados estes minerais mediante o parámetro de condutividade, non sendo esta menor a 0,8 ms/cm.




Este mel é especialmente indicada para anemias, achegando ferro e outros minerais. A presenza en gran cantidade de minerais dá a este mel un poder antioxidante, sendo apropiada para reforzar o sistema inmunológico e óseo. Grazas á súa propiedade astringente que contrae tecidos e favorece a absorción de fluídos é indicada para diarreas.

A súa análise sensorial achéganos un mel moi escuro, negra, dun sabor doce e único ao non proceder de flores sinó de árbores e que o seu aroma balsámico pouco marcado lémbranos a resina e madeira. 



Apropiada para deportistas recuperando enerxía e restablecemento da fatiga muscular, persoas con diabetes polo seu baixo contido glucémico, persoas con deficiencias alimentarias e dixestivas.

En gastronomía atrevémonos a suxerir a súa connotación decorativa debido á súa intensidade de cor, ben en táboas de queixos ou sobremesas, ou acompañando froita intensificando o seu sabor debido á achega de dozura.
Outra das características deste mel debido á súa procedencia de mielatos ten menos tendencia a cristalización, sendo este proceso moi lento, un mel que tarda moito en chegar a ese proceso natural de cristalización ou solidificación.